martes, 20 de noviembre de 2012

paleolitico inferior clasico ou achelense.

cultura da pedra do paleolitico inferior asociada cos hominidos prehistoricos en gran parte de asia e europa e en africa   cronoloxia (600000-150000), ainda q en africa e de 1,6 mill de anos (xacemento do lago turcana, kenia) con restos culturais asociados ao o homo ergaster
industria:(tecnologia de las industrias) industria de modo 2 caracterizada polos bifaces cunha elavoracion compleja a base de fendiduras





Ría de Vigo
A Ría de Vigo é unha das maiores rías de Galicia, situada na zona sur (provincia de Pontevedra), sendo a máis profunda e rica en nutrientes das Rías Baixas, que baña os concellos de Vigo, Cangas, Moaña,Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior e Redondela e nun pequeno entrante que ás veces se considera fóra da mesma ría, Baiona, ata o cabo Silleiro.
É a máis meridional das Rías Baixas, e presenta unha forma de cuña orientada en dirección norleste suroeste. A súa superficie total é de 176 km2, cunhas dimensións de 33 km de lonxitude e anchura variábel de 10 km na boca, entre Cabo Home e Monte Ferro, e 600 m no estreito de Rande, volvéndose ensanchar no fondo da ría, na enseada de San Simón. O volume total de auga, 3.117 Hm3, convértena na segunda ría, despois da de Arousa, en volume de auga.
lugares importantes (illas, cabos, praias etc;…),
sucesos históricos etc;…

lunes, 19 de noviembre de 2012

Traballo sobre as rías galegas


“AS RÍAS GALEGAS”
A partir da páxina de wikipedia responde e os textos sobre “as lendas da Costa da Morte” responde o cuestionario
Cuestionario:
Que zona ocupan as Rías Baixas?
Describe unha ría das Rías Baixas: localización, extensión, lugares importantes (illas, cabos, praias etc;…), sucesos históricos etc;…
Que zona ocupa a Costa da Morte?
Quen delimitou a Costa da Morte e cales foron as consideracións tomadas en conta?
Que sabes das lendas da Costa da Morte? (entregar ficha)
Que zona ocupan as Rías Altas?
Describe unha ría das Rías Altas. Localización, extensión, lugares importantes (illas, cabos, praias…), sucesos históricos etc,…

martes, 13 de noviembre de 2012

Traballo de xeografía

TRABALLO: As rías de Galiza

1. Que localidade se atopa fronte a Ribadeo, na beira asturiana?
2. Cal é a ría máis pequena de Galiza?
3. Onde desemboca o río Landro?
4. En que tres partes se divide a Mariña lucense?
5. Onde está ubicada a Ría do Barqueiro?
6. Que sabes do Porto de Bares?
7. Describe as terras que rodean a Ría de Ortigueira.
8. Que é a Ferrolterra?
9. Onde están os arenais do Orzán e de Riazor?
10. Que é a “Red Natura 2000”?
11. Cales son as tres rías do Golfo Ártabro?
12. Describe o patrimonio arqueolóxico da Ría de Corme e Laxe?
13. Describe a natureza da Ría de Camariñas.
14. Resume a Ría de Corcubión.
15. Cales son os lugares ao norte e ao sur que delimitan a Ría de Muros e Noia?
16. Cales son os elementos xeográficos que realmente caracterizan a Ría de Arousa?
17. Cales son as illas da Ría de Pontevedra?
18. Resume a xeografía, as características e as riquezas gastronómicas da Ría de Vigo.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Cadro das etapas culturais do Paleolítico



O Paleolítico

Paleolítico inferior

As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Plistoceno Medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, desde Ribadeo ata A Guarda. Estes restos son instrumentos líticos, utensilios como bifaces, fendedores, triedros... feitos sobre unha base de cuarzo ou cuarcita, o que nos mostra unha industria Acheulense.
Coñécense dúas culturas: o ou Acheulense. A Paleolítico inferior arcaico (ou "cultura dos cantos tallados") e o Paleolítico inferior clásico técnica é máis simple na primeira delas.
Vivían en hordas, é dicir, grupos de cazadores-recolectores que practicaban o nomadismo. Alimentábanse dos froitos que recollían e da caza (bóvidos, cápridos, équidos e cérvidos), que practicaban en tribos. Tamén botaban man da pesca e da recollida de marisco, cando vivían en zonas nas que podían facelo.

Paleolítico medio

No Paleolítico Medio a industria característica é a musteriense, non homoxénea, elaborada polo home de neandertal, do que se documenta a súa presenza no noroeste peninsular grazas ó achado de restos na Cova Eirós, en Triacastela, con materia orgánica e ferramentas do Paleolítico medio). A este período corresponden parte dos asentamentos das Gándaras de Bufiño e do Campo da Mama (A Veiga).

Paleolítico superior

Temos máis datos do Paleolítico Superior (30.000 e 8.000 a.C.). Nesta época atopamos instrumentos tanto de pedra como de óso, realizándose neste material puñais, arpóns, agullas, etc. Contamos en Galiza con abundantes abrigos baixo rocha, nos que atopamos unha industria Aziliense a base de sílex, cristal de rocha, pórfiros cuarcíticos, cuarzos e cuarcitas. As ferramentas máis características son os burís, as tesoiras de dorso rebaixado e as raspadeiras. Non se achan en Galiza obras de arte rupestre por carecer de covas importantes.
A datación por carbono 14 estimou para os seres humanos unha antigüidade entre 10.000 e 8.000 anos, e para os uros cifrouse nuns 8.000 anos.

O Mesolítico

O mesolítico, que tamén é chamado Epipaleolítico, sitúase aproximadamente entre o 8000 a.C. e o 5000 a.C. Prodúcense importantes cambios no clima, que se fixo máis cálido e húmido, recúan os glaciais e desaparecen a meirande parte dos animais de caza maior, coma o bisonte. Aparecen bosques, sobe o nivel do mar e mudan flora e fauna.
Como o bisonte era o animal que lles proporcionara maiores usos, tiveron que mudar os seus métodos e perfeccionar a caza, facer máis variada a recolección de froitos e verduras, e incrementar a pesca e o marisqueo. Prodúcense tamén os primeiros ensaios da agricultura e da gandería.

O Neolítico

Desenvólvese entre o 5000 e o 3000 a.C. o período denominado neolítico, caracterizado principalmente polo nacemento da agricultura e a domesticación de animais, ademais da cerámica. Ao cultivar os alimentos e criar animais, houbo máis posibilidades de se alimentar, co que aumentou a poboación.
O clima fíxose aínda máis cálido e húmido, o que favoreceu o crecemento da vexetación. Os habitantes da Galiza desta época ocuparon zonas altas, por ter unha vexetación menos frondosa, e ser a terra menos dura para traballala. A vexetación predominante estaba composta de carballeiras, sobreiras, olmos, freixos, abeleiras...
Desta época data o megalitismo, é dicir, a construción de grandes monumentos de pedra. Estes monumentos atopámolos por toda Galiza, dende a beiramar ata as altas montañas orientais.
Foron uns grandes especialistas no traballo da pedra, empregando granitos ou lousas para edificar, mentres que para os obxectos pulimentados prefiren as rochas metamórficas, e para adornos ou como materiais rituais utilizan acibeches ou blenda.
Os materiais máis abondosos desta época son de pedra, con instrumentos como puntas de frecha, machados, lascas, ciceis, coitelos, aixadas, mazas...
Tamén se puideron atopar contas de colar de cor verde, placas perforadas, prismas de seixo cristalizado e idoliños. 

Os pre-celtas e os celtas da Galiza

O estudo e a ensinanza deste tema é algo moi complexo, debido sobre todo á opinión persistente, tan divulgada como errónea, de que esta rexión fora a máis celtizada da Península Ibérica.
Semella que algúns grupos do pobo celta que chegara ata o sur da Península Ibérica non atoparon acomodo nestas terras e iniciaron outra viaxe migratoria, en distintas etapas xa tardías, cara ó norte, a través de terras lusitanas. Esta situación de emigrantes celtas dende o sur, polo oeste, cara ó norte, é bastante inqueda e non chegan a estabilizarse na rexión galaica ata o século I a.C., cando xa se atopaba bastante hispanizada. É o grupo coñecido como xefes, que se move cara o século III a.C. e que van situándose algúns entre o río Texo e o río Douro e outros, como xa se dixo, os que seguen cara Galiza.
As tribos celtas dos xefes acabados de chegar superpuxéronse a estoutras máis antigas e adaptáronse bastante ben, crese que polo seu carácter afín indoeuropeo. Foron os celtas os que se acomodaron e a súa influencia foi, na maioría dos casos, tardía e esporádica, segundo se pode saber pola confirmación do estudo da arquitectura e a metalurxia. A dita poboación autóctona máis antiga conservou a súa destacada personalidade lingüística e cultural e tamén soubo intercambiar aspectos culturais coa civilización céltica. Houbo un verdadeiro troco de costumes e de coñecementos.